
Transición enerxética xusta
Como facer xusta a transición enerxética ante a chegada da eólica mariña ao litoral galego?
O obxectivo do proxecto é comprender como levar a cabo unha transición enerxética xusta. En particular, a acción aborda o caso da implantación da eólica mariña no litoral da Comunidade Autónoma de Galicia. As persoas participantes, que inclúen profesorado e alumnado de diversos cursos da ESO e Bacharelato, contribúen ao deseño de entrevistas, realizan a recollida de datos, colaboran na análise e interpretación dos resultados e participan na III SIBECOL & XVII AEET Conference, que ten lugar en xuño de 2025 en Pontevedra, co obxectivo de difundir os resultados.

A acción enmárcase dentro do proxecto Postgrowth S.A.: Vigo, financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología.











