Unha rede de ciencia cidadá
Investigamos xuntas para transformar o territorio. En cada municipio, cidadanía, universidade e administración converxen arredor dun reto local e converten a investigación compartida en accións reais.
Que é a rede?
A Rede de Ciencia Cidadá Poscrecemento é unha rede de investigación-acción na que cidadanía, universidade e administración municipal converxen para investigar xuntas os retos locais, xerar coñecemento e propoñer accións reais. É unha infraestrutura de investigación participativa que crece nodo a nodo, en e co territorio.
Nace coa convicción de que os retos do poscrecemento —a transición ecolóxica, a xustiza social, a transformación dos modelos de produción e consumo— precisan ser abordados con e desde a cidadanía.

Unha comunidade científica para a transformación do territorio.
O símbolo reúne ás tres protagonistas da Rede —cidadanía, universidade e administración— arredor dun mesmo reto. Con igual peso, enlázanse nun movemento continuo: o de preguntar, investigar e actuar xuntas. No centro late o reto local que as convoca.
Que é a ciencia cidadá?
É investigación feita coa xente, non só sobre a xente. Aquí, o alumnado participa no deseño, na recollida e na interpretación dos datos, con acompañamento científico. Ademais de resolver retos concretos, xeramos e compartimos coñecemento aberto sobre como facer mellor ciencia cidadá.
Os nosos principios
Tres compromisos que guían cada decisión metodolóxica e cada acción da rede.
Cocreación de coñecemento
As persoas participantes son co-investigadoras que interveñen no deseño, recollida e interpretación de datos.
Rigor científico
A participación cidadá non está reñida cos estándares científicos. Aplicamos metodoloxías validadas en cada acción.
Orientación á acción
O coñecemento que xeramos está orientado a producir cambios reais. Cada acción culmina en resultados concretos e transferibles.

Como traballamos
- Deseño participativo: As persoas e entidades participan desde o inicio no deseño de cada proxecto.
- Metodoloxía rigorosa: Aplicamos protocolos científicos validados adaptados á participación cidadá.
- Orientación práctica: Cada proxecto remata con resultados concretos e transferibles ao territorio.
- Aprendizaxe continua: Documentamos e compartimos o que aprendemos para que outras redes poidan replicalo.
O equipo
Un equipo interdisciplinar —investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo xunto con profesorado dos centros— detrás de cada acción da rede.



-
Aitor Alonso Rodríguez
-
Ana García Quintana
-
Aviram Sharma
-
Carmen Rey
-
Cristina Vázquez Santos
-
David Soto Oñate
-
Mario Pansera
-
Poonam Pandey
-
Susana Bastón Meira
-
Victor José Sánchez Juárez
Quen está detrás