
Leva a ciencia cidadá ao teu concello
Unha rede de investigación-acción onde cidadanía, universidade e administración municipal investigamos xuntas os retos do territorio e convertémolos en accións reais.
Tres protagonistas, un mesmo reto
En cada municipio abrimos un nodo a través dun centro educativo. Alí converxen as tres protagonistas da Rede para investigar xuntas un reto do territorio.
Cidadanía
A veciñanza e o alumnado do centro investigan: preguntan, exploran e interpretan.
Universidade
A Universidade de Vigo achega o método e acompaña o proceso científico.
Administración local
O concello impulsa o nodo e comprométese coas accións que nacen del.
Do reto local á acción
Investigación-acción centrada en retos reais: xeramos coñecemento situado e convertémolo en accións para o territorio.
Definición do reto territorial
Escollemos, xunto ao municipio, un reto local que mereza investigarse.
Investigación cidadá
A cidadanía formula preguntas, produce datos e constrúe as conclusións, con acompañamento científico.
Posta en común coa comunidade
Compartimos e enriquecemos os resultados con toda a comunidade local.
Definición de accións locais reais
Traducimos o coñecemento en accións e decisións para o territorio.
A rede en acción









As accións e o coñecemento aberto da rede
Entra en cada acción para ver o seu reto, a súa metodoloxía e os seus resultados, e descarga en aberto as publicacións, os datos e os vídeos de cada investigación.
A Rede de Ciencia Cidadá Poscrecemento é unha iniciativa de TIASLab, do Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo.


