Que facemos
Somos unha rede de ciencia cidadá. Poñemos o método, a experiencia e o acompañamento científico ao servizo de concellos, proxectos e equipos.
Abrir un nodo de ciencia cidadá
Levamos a ciencia cidadá a un centro educativo do teu concello. Desde el, investígase un reto do territorio e xéranse recomendacións para a política local. A acción pódese financiar desde o concello ou a través de convocatorias europeas, estatais ou autonómicas.
Integrar ciencia cidadá no teu proxecto
Preparas unha proposta europea ou estatal e buscas experiencia en ciencia cidadá? Deseñamos e implementamos a súa compoñente participativa.
Formación en ciencia cidadá
Formamos e acompañamos a entidades e equipos que queren lanzar os seus propios proxectos de ciencia cidadá, coa metodoloxía e a experiencia da rede.
Falamos do teu caso?
Cóntanos que necesitas e vemos xuntos como encaixalo.
Contáctanos →